A Bedeteca é a sección da Banda Deseñada. Reúne cómics de todos os xéneros (aventuras, novela gráfica, humor, fantasía, súper heroes, ciencia ficción...). Ten unha presenza especial o cómic galego, aínda que tamén temos cómics americanos, españois, europeos, hispanoamericanos e manga.
Hai obras para todos os públicos e outras só para adultos, debidamente sinalizadas. Tamén temos un apartado de banda deseñada en inglés.
Os cómics están clasificados segundo a súa procedencia (BDA - Banda deseñada americana, BDE - Banda deseñada española, europea e hispanoamericana, BDM- Banda deseñada manga, BDG - Banda deseñada galega) e diferenciados das publicacións que tratan sobre banda deseñada (BDP). Todos teñen ademais unha icona temática que indica o xénero da obra.
