Zona de mozas e mozos

A zona de mozas e mozos atópase no segundo andar, territorio de transición entre a sala infantil e os espazos para as persoas adultas. Combina unha zona de sofás individuais con mesas para estudo e consulta.

A coleción bibliográfica, dirixida á rapazada de 14 a 18 anos, abrangue unha selección de lecturas, principalmente narrativa de ficción, ordenada alfabéticamente por autoría ou título e clasificada segundo xénero, entre os seguintes:

  • Aventuras
  • Biográfica
  • Ciencia Ficción
  • Erótica
  • Fantástica
  • Histórica
  • Humor
  • Intriga e misterio
  • Romántica
  • Social e Política
  • Terror
  • Vida cotiá

 

Mozas e mozos

A clasificación por xénero vén identificada nunha etiqueta na parte superior do lombo de cada exemplar. Todas as signaturas que van nos rótulos identifícanse cun M AUT tít

Tamén podedes atopar aquí a sección de recursos electrónicos, con xogos para Nintendo Wii, PS5, PS4, XBox, etc, identificados coa signatura M-RE-793 tít

E a sección de libros de xogos de rol identificados coa signatura M-794 AUT tít

Mozas e mozos