Infantil

Sección destinada exclusivamente aos nenos, nenas e aos seus/súas acompañantes. Os/as menores de 7 anos deben vir sempre acompañados/as, hai que coidalos moito e aprenderlles a comportarse.

Na organización da colección diferenciamos 2 zonas principais: a dos/as máis pequeniños/as (de 0 a 8 anos) e a dos/as máis maiores (de 9 a 14 anos). Dentro da primeira temos un recunchiño especial para os/as prelectores (de 0 a 3 aniños) con contos especiais para o seu tempo.

Tamén contamos cun Recuncho de nais e pais con libros e revistas sobre educación infantil e outros temas relacionados.

A colección Biblioteca Accesible infantil está dirixida a colectivos que precisan unha atención diferenciada. Podes diferenciar estes documentos polos rótulos de "Lectura Fácil" ou "Lingua de Signos" na parte superior do lombo.

 

Bebeteca

Libros de ficción

Os libros de ficción da colección infantil clasifícase por idades, identificadas con cores. O rótulo do libro leva a cor da idade para a que nos parecen máis axeitados, pero ti es quen decide.

  • Azul: de 0 a 5 anos
  • Vermello: de 6 a 8 anos
  • Verde: de 9 a 11 anos
  • Amarelo: de 12 a 14 anos

Ademais, contan cunha etiqueta na parte superior do lombo que indica a temática da que tratan.

Na zona azul, agrúpanse nos seguintes centros temáticos para axudarche a escoller:

  • Contos para contar
  • Libros con música
  • Libros con pictogramas
  • Libros para ver
  • Libros sorpresa
  • O mundo que me rodea
  • Primeiras lecturas
infantil1

Os libros das zonas vermella, verde e amarela, están ordenados alfabeticamente por autoría ou colección. Para atopar a túa temática favorita, non tes máis que buscar a icona correspondente a cada un destes xéneros:

  • Animais (só nos libros vermellos)
  • Aventuras
  • Ciencia ficción
  • Fantasía
  • Históricas e de guerra
  • Humor
  • Misterio
  • Poesía
  • Teatro
  • Terror
  • Vida real

 

infantil2

Libros informativos

Os libros informativos están clasificados con números que se corresponden coas diferentes materias, seguindo a C.D.U. (Clasificación Decimal Universal).

Aquí tamén están agrupados por idades, pero só en dúas seccións:

Na vermella (ata 8 anos) atoparás as seguintes categorías:

  • I-1: Pensar e coñecer
    • I-2: Rezar
    • I-3: Coñecemento do medio
    • I-5: Natureza e ciencia
    • I-6: Curar, fabricar
    • I-7: Crear, divertirse
    • I-8: Ler, falar
    • I-9: Os países e o pasado

Os libros informativos para rapazada de 9 anos en diante, levan unha etiqueta branca e organízanse nas seguintes temáticas:

  • I-0: Xeneralidades
    • I-1: Filosofía
    • I-2: Relixión
    • I-3: Ciencias sociais
    • I-5: Ciencias puras
    • I-6: Ciencias aplicadas
    • I-7: Arte
    • I-8: Linguas e literatura
    • I-9: Xeografía e historia
Informativos

Ademais, nesta sala non só hai libros, tamén podes atopar:

  • Audiolibros
  • Música infantil
  • Películas
  • Series de televisión
  • Xogos de mesa e lóxica
  • Revistas
Planta infantil