Inscrición no obradoiro de escrita creativa para adolescentes Isto non estaba escrito

Imaxe

O formulario estará dispoñible dende o 1 de setembro ás 8.30h.

A biblioteca acolle Isto non estaba escrito, un obradoiro de escrita creativa para adolescentes coordinado por Alicia Fernández e Eduard Velasco. 

Está dirixido a 15 persoas de 15 a 18 anos e celebrarase os venres con periodicidade quincenal de 17.00 a 18.30h na sala B do 3º andar. Estas son as datas das seis sesións previstas:

- 2, 16 e 30 de outubro

- 13 e 27 de novembro

- 11 decembro 

A inscrición realizarase exclusivamente a través do seguinte formulario (activo a partir do 1 de setembro ás 08:30): https://bibliotecas.xunta.gal/gl/santiago/formulario-de-inscricion-no-obradoiro-de-escrita-creativa-para-adolescentes-isto-non-estaba-escrito 

As prazas serán adxudicadas por sorteo.

Requisitos dos participantes:

  • Idade: entre 15 e 18 anos
  • Carné: É imprescindible ter o carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia antes de inscribirse.

Prazo: A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario que estará aberto na nosa páxina web dende as 08:30h do 1 de setembro ata as 23:59 do 15 de setembro.

Adxudicación das prazas: Farase por sorteo e o listado cos nomes das persoas admitidas publicarase na nosa páxina web.


 

Documentación