Fóra da narrativa: lecturas e sorteo de verán

Imaxe

Queremos que aproveitedes o verán para saír da vosa comodidade lectora e vos abrades a xéneros que non ledes habitualmente. Suxerimos poesía, teatro e ensaio científico.Teredes que ler e anotar na tarxeta un libro de cada tipo dos sinalados no reverso (teatro, poesía e ensaio científico) para entrar no sorteo dun lote de libros. As papeletas estarán sobre a vitrina da entrada e no mostrador de préstamo.

A urna para botar as participacións estará no mostrador de préstamo ata o 08/09/2026