Nova actividade: contos en inglés para bebés de 1 a 3 anos

Imaxe

Little Stories with La Casita de Inglés é unha nova actividade que se iniciará o xoves 12 de febreiro. Terá unha regularidade quincenal con dúas sesións ás 17.35 e ás 18.15 h. ás que se poderán anotar pequenas e pequenos de 1 a 3 anos sempre a mesma semana da actividade. Consultar na axenda mensual da biblioteca para ver as datas.