Visitas escolares para infantil e primaria 2025/2026

Imaxe

Inscrición dende o 15 de setembro

Abrimos prazo de inscrición para as visitas escolares de infantil e primaria dende o 15 de setembro.

As visitas escolares teñen como obxectivo dar a coñecer as posibilidades que ofrece a biblioteca para os nenos e nenas. A actividade realizarase nun grupo diario de martes a venres, de 25 alumnos/as (excepcionalmente 30) en horario de 10 a 12 h. Establecemos tres sectores de visitas: infantil, primaria I (1º-3º) e primaria II (4º-6º). A visita realízase por estes grupos de idade e recoméndase non repetir visitas do mesmo nivel dado que os contidos son os mesmos ou semellantes.

Durante a visita, os escolares visualizarán vídeos explicativos da historia, funcionamento e recursos da biblioteca, pasarán polo espazo de exposición e consulta de libros curiosos, e gozarán de contacontos, xogos e actividades didácticas na área infantil.

Requírese inscrición previa chamando ao teléfono 886 120 440, achegando os seguintes datos:

  • Nome do centro, persoa de contacto e teléfono
  • Ciclo e curso dos escolares
  • Número de participantes