XVI concurso de banda deseñada BD Vigo

Imaxe

Como cada ano, dende po 15 de abril abrimos o prazo de presentación de traballos para o concurso.

1. Poderán concorrer a este concurso todo tipo de persoas nas seguintes categorías:

*Infantil: inclusive e menores de 11 anos.


*Xuvenil: entre 12 e 17 anos.


2. O tema será libre, con textos en galego. Cada persoa presentará as obras que considere oportunas, non premiadas en outros concursos.


3. Os traballos deberán ser orixinais, tendo unha extensión de dúas páxinas ou catro, a cor ou branco e negro, a técnica será libre e con dimensións de DINA-4, con páxinas numeradas, en formato vertical e sen portadas. As historias han de ser autoconclusivas


4. A autoría poderá ser individual ou dun equipo debuxante/guionista

/colorista... O estilo, tratamento e xénero son libres.


5. Os traballos deberán presentarse por correo electrónico, na seguinte dirección: 

formacion.bibliotecas.vigo [at] xunta.gal (formacion[dot]bibliotecas[dot]vigo[at]xunta[dot]gal)

No asunto enunciaremos: Concurso BD/categoría/título


 

Enviaranse dous arquivos: o primeiro é un pdf coas páxinas en formato jpg ou tiff a 300 ppp. Estas páxinas serán denominadas ca categoría e o título da obra á que pertencen. Exemplo: (categoría/titulo.pdf). O segundo será un arquivo de texto no que se indicarán os datos das/os participante/s. A saber: Nome e apelidos, idade, dirección, teléfono de contacto e correo electrónico. Será nomeado igual ca categoría e o título da obra á que pertence. Exemplo: (categoría/titulo.doc).


 

6. O prazo de presentación dos traballos será a partir do 15 de abril e rematará o 3 de maio ás 23:59h de 2026.


 

7. Establécense os seguintes premios:


 

1º Premio categoría Xuvenil: Diploma e cheque regalo de 100€ a gastar na Libraría Mendinho en libros relacionados co mundo do cómic.


 

2º Premio categoría Xuvenil: Diploma e cheque regalo de 50€ a gastar na Libraría Mendinho en libros relacionados co mundo do cómic.


 


1º Premio categoría Infantil: Diploma e cheque regalo de 75€ a gastar na Libraría Mendinho en libros relacionados co mundo do cómic.


 


 

2º Premio categoría Infantil: Diploma e cheque regalo de 35€ a gastar na Libraría Mendinho en libros relacionados co mundo do cómic.


 

8. Ademais dos premios, o Xurado poderá reservarse o dereito de facer Mencións Especiais respecto daquelas obras que estime como merecedoras delas.


 

9. O xurado poderá declarar os premios desertos de non haber calidade suficiente. O xurado estará composto por artistas do mundo da banda deseñada.


 

10. Así mesmo, cos traballos premiados realizarase unha exposición nas propias instalacións da biblioteca. 


 

11. A participación neste concurso implica a aceptación destas bases. Os casos non previstos serán resoltos a criterio da organización.


 

12. A entrega de premios farase o sábado 16 de maio na segunda planta, na sala de audiovisuais.