18 de Xuño 2026, 17:30 - 18:15
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Vigo
Dúas sesións: 17:30 e 18:15 h.
Corochas é un espectáculo de pequeno formato dirixido á primeira infancia (0-3 anos), que combina a narración oral, a manipulación de obxectos e a música. A través do conto acumulativo, da canción e xogo de imitación viaxaremos por diversas paisaxes e coñeceremos personaxes estrafalarias que deben resolver múltiples enredos.
Por que será que existen tantos xeitos de chamarlles ás corochas? Pode ser que a sensación para cada unha de nós é tan diferente que non somos quen de lles poñer un nome só? Ou será que as corochas só existen á beira do mar e as cóxegas no alto da montaña…
Idade: de 0 a 3 anos.
Duración: 30 minutos.
Inscrición previa, presencial ou chamando ao teléfono 886 120 445, dende o 15 de xuño.