19 de Outubro 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Pontevedra › Vigo
Bandullo azul
Historias tradicionais, música e humor repártense entre os dous contadores que soben a escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa experiencia. Pero ollo, que non son uns contos calquera. Entre eses contos haberá tamén historias cantadas. Haberá historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só da nosa contorna máis próxima, senón tamén doutras terras. Contos "filipantes", acompañados dunha guitarra.
Idade: de 4 anos en adiante.
Duración: 45 minutos.
Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.