Misión ciencia: descobre experimenta e crea

Imaxe
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Vigo

Cinecia Kids

Xornada científica deseñada para espertar a súa curiosidade e achegalos á ciencia dunha forma divertida, práctica e participativa. A través de experimentos sinxelos, retos e actividades creativas, os participantes poderán descubrir, experimentar e crear mentres aprenden xogando.

A experimentación científica axuda a desenvolver habilidades fundamentais para a vida diaria: a observación, a resolución de problemas, a creatividade, o pensamento crítico e a capacidade de facer preguntas e buscar solucións. Ademais, fomenta o interese por comprender o mundo que nos rodea, demostrando que a ciencia está presente en moitas situacións cotiás e pode axudarnos a entender e mellorar a nosa contorna.

Idade: de 4 a 12 anos.

Duración: 50 minutos.

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na propia biblioteca ou chamando ao 886 120 445.