Engadir ao calendario
Fernando Saldaña
Fernandito está malo. E triste. Triste, porque como non pode ir ao cole, non viu aos seus amigos nin ás súas amigas nin o luns, nin o martes, nin o mércores. Menos mal que o avó vai visitarlle e decide contarlle un conto, pero... Coas présas esquecéuselle a maleta dos contos. Como o avó é meigo, coa axuda dos nenos e das nenas poderá contar unha historia moi especial. Nin máis nin menos que O Patito Feo.
Grazas ao Abracadabra, a parecerán os ovos, os parrulos, a comida... Xogarán ao pillapilla e ao agocho. E, se cadra, ata Fernandito ponse bo.
Unha divertida comedia na que o conto e maxia danse a man (o estómago, a cabeza e ata o embigo).
Idade: de 4 anos en adiante.
Duración: 50 minutos.
Inscrición previa o luns anterior á actividade na biblioteca ou chamando ao 886 120 445.