Sementes de conto

Imaxe
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Vigo

Chespir Teatro

Todas as historias empezaron algunha vez sendo pequeniñas, como unha semente: un "érase unha vez" rumoreado baixiño, unha pregunta, un segredo gardado nun peto. Entérranse, esquecen un pouco… e cando ninguén as espera, brotan.

Hoxe chegamos cas mans cheas de sementes de conto. Aínda non sabe cales van crecer: quizais unha con raíces moi vellas, desas que xa contaban os avós, ou quizais unha nova, que naza aquí mesmo, diante de todos. Só fai falta sementala… e un pouco de silencio para vela crecer.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 45 minutos.

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.