Se es titular dun carné da biblioteca, podes entrar na túa conta persoal a través da web do Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/). Para ingresar na conta é necesario introducir o usuario (que é o número de carné da biblioteca) e o contrasinal que che proporcionaron ao obter o carné.
Desde esa conta podes:
- Modificar os teus datos persoais.
- Consultar o teu historial de préstamos.
- Realizar distintas accións como reserva de documentos, renovación de préstamos, envío de comentarios e suxestións de compra e outras.
Ademais, con este mesmo usuario e contrasinal, podes acceder ao servizo de préstamo dixital na plataforma GaliciaLe.
Se esqueciches o contrasinal, podes recuperalo desde a propia entrada á conta persoal premendo en Esqueceu o contrasinal? Prema aquí. Recibirás un correo para restablecer o contrasinal de acceso.
Se non recibes o correo, diríxete á túa biblioteca para solucionar o problema.