Podo realizar labores de voluntariado na biblioteca?

A biblioteca está inscrita dentro do Programa de Voluntariado Cultural da Xunta de Galicia. Anotándote nel podes colaborar con accións culturais, educativas e formativas coa biblioteca.

Ten en conta que o voluntariado, tal e como se recolle na Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria, ten que ser sempre unha decisión libre que toma unha persoa, executada fóra do ámbito laboral e sen contraprestación económica. Neste sentido, o voluntariado non pode substituír nunca o traballo remunerado ou a prestación de servizos profesionais retribuídos.

Consulta co persoal da biblioteca en que actividades podes participar.

Máis información