Se o exemplar que queres levar está prestado a outra persoa, podes reservalo para cando estea dispoñible, ben directamente na túa conta persoal ou na biblioteca.
Recibirás un aviso cando o exemplar estea dispoñible e entón terás 3 días para recollelo. Se non o recolles nese prazo, a reserva quedará anulada.
Non é posible reservar para máis adiante un documento que estea actualmente dispoñible.