Que teño que facer se perdo o carné da biblioteca?

En caso de perda da tarxeta, debes comunicalo á túa biblioteca, para que a anulen e che emitan outra. Desta forma evítase que terceiras persoas poidan facer uso dela indebidamente. Ten en conta que ti serías responsable das accións feitas co teu carné.

Podes comunicar a perda do carné:

Lembra que a app permíteche levar o carné no móbil sen necesidade de empregar a tarxeta.

Máis información en: https://rbgalicia.xunta.gal/gl/apps-da-rede/app-da-rede-de-bibliotecas-de-galicia.