Formulario de solicitude de préstamo a outra biblioteca (Vigo)

Datos da persoa solicitante
Datos de contacto
Datos do material solicitado
Se por razóns xustificadas precisa dun exemplar en concreto, indique a súa sinatura do catálogo ou outros datos que permitan a súa localización (biblioteca de orixe, características identificativas) así como as razóns que motivan esta petición. Noutro caso, a biblioteca seleccionará o exemplar que considere máis adecuado.

Se non desexa recibir o exemplar completo, senón copia dunha parte da obra, debe cubrir os campos de "páxinas" e "capítulo / artigo":

Observacións
Condicións do préstamo de materiais doutra biblioteca
1. Este servizo permite solicitar materiais que non se atopan nos fondos da Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel. Antes de facer a solicitude, por favor comprobe que o documento que precisa non está dispoñible no catálogo deste centro.

2. Con carácter xeral, pode solicitar documentos dalgunha das seguintes bibliotecas: 
— Biblioteca de Galicia (só materiais da Biblioteca Central de Préstamo)
— Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
— Biblioteca Pública de Lugo
— Biblioteca Pública de Ourense Nós
— Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
— Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
— Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
— Biblioteca Municipal Central de Ferrol 
O persoal bibliotecario escollerá a biblioteca na que fará a petición. Se por razóns xustificadas precisa un exemplar en concreto, debe indicalo así na solicitude. 

3. Pode solicitar 1 só documento de cada vez. Se a obra está formada por varias partes (volumes dun libro, capítulos dunha serie, etc.), poden solicitarse ata un máximo de 3 documentos.
 
4. Cando estea xustificado por razóns de investigación ou estudo, poderanse realizar peticións de materiais a outras bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ou a algunha Biblioteca Pública do Estado, distintas das sinaladas no punto 1. Esta biblioteca encargarase de localizar a obra e realizará as xestións necesarias para obtela, pero en calquera caso, a decisión sobre o envío correspóndelle á biblioteca de orixe. 

5. Unha vez que o documento se reciba nesta biblioteca, a persoa solicitante recibirá un aviso no enderezo de correo electrónico que figure na súa conta de usuario/a ou, se non dispón de correo electrónico, por teléfono. A partir dese momento dispoñerá de 7 días hábiles para facer a recollida. Se non retira o material solicitado nese prazo, terá unha sanción de 10 días sen préstamo.

6. Os materiais poderanse consultar nesta biblioteca ou prestarse a domicilio, en función das condicións que teña establecidas para eles a biblioteca de orixe. No caso de préstamo a domicilio, a devolución do documento farase nesta biblioteca.

7. Se solicita a copia dunha parte dunha obra (un capítulo ou artigo, un número determinado de páxinas) a biblioteca poderá optar por enviarlle unha copia ao correo electrónico, con suxeición en todo caso aos límites impostos polos dereitos de propiedade intelectual.
Información básica sobre protección de datos persoais
Responsable do tratamento Xunta de Galicia. Consellería de Lingua e Xuventude.
Finalidades do tratamento Xestionar as solicitudes para retirar fondos en préstamo da Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Lexitimación para o tratamento Cumprimento dunha misión realizada en interese público con base na Lei 5/2012, de 15 de xuño, de Bibliotecas de Galicia.
Destinatarios/as dos datos Non se prevén comunicacións a terceiros.
Exercicio dos dereitos As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, oposición, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos.
Contacto delegado/a protección de datos e información adicional https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais