Formulario para doazóns

Datos da persoa ou entidade doante

No caso de actuar en representación dunha entidade:

Datos de contacto
Manifesto que

1. Son propietario/a dos documentos que se detallan no anexo.  
2. Desexo realizar a doazón desinteresada dos ditos documentos con destino á Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel.

Faga clic aquí para descargar o modelo
Máximo un arquivo.
Límite de 2 MB.
Tipos permitidos: txt, rtf, html, pdf, doc, docx, odt, ppt, pptx, odp, xls, xlsx, ods, xml.
Condicións da doazón de material bibliográfico

1. A biblioteca valorará os materiais que se pretende doar e decidirá se está interesada en recibir todos ou parte deles. Unha vez feita a valoración, porase en contacto coa persoa interesada para comunicarlle se acepta os materiais (todos ou parte deles) ou non. 

A título orientativo, poderían ser de interese para a biblioteca os seguintes tipos de materiais:

  • Libros, DVDs, CDs, folletos, fotografías, carteis, postais e calquera outro documento de autor galego ou referido a Galicia e moi especialmente os que fan referencia á localidade da biblioteca ou a súa bisbarra.
  • Obras raras ou de especial valor bibliográfico, principalmente as anteriores a 1958.
  • Libros e outros documentos de actualidade, ben encadernados e que se atopen en bo estado de conservación.
  • Películas (en DVD ou Bluray), música (en CD ou vinilo), partituras, xogos de ordenador (en CD-ROM) ou videoxogos para consolas en bo estado.

Pola contra, con carácter xeral a biblioteca non aceptará:

  • materiais en mal estado de conservación: rotos, sucios, danados, con humidade, etc.
  • libros de texto.
  • lexislación derrogada.
  • temarios de oposicións atrasados.
  • actas de congresos, xornadas.
  • informes, memorias de institucións, anuarios, estatísticas, directorios.
  • libros de informática desactualizados.
  • guías de viaxes obsoletas (cunha antigüidade superior aos 2 ou 3 anos).
  • dicionarios, enciclopedias, atlas.
  • formatos desfasados como VHS, casetes, disquetes... agás que polo seu contido, temática local ou carácter singular poidan resultar de interese.
  • coleccións de xornais ou revistas que non sexan de temática local, ou números soltos agás que completen a colección que xa conserva a Biblioteca.

Non se aceptarán copias de materiais que non respecten a Lei de Propiedade Intelectual.

2. Á vista da valoración que faga a biblioteca, a persoa interesada poderá deixar sen efecto o seu ofrecemento.

3. Se se acepta o ofrecemento, as condicións do traslado e recepción dos fondos fixaranse de común acordo coa biblioteca.

4. A entrega efectiva dos fondos que sexan aceptados pola biblioteca formalizarase cunha acta de recepción.

5. Unha vez entregados os materiais, a biblioteca adquirirá a súa plena propiedade e quedarán sometidos ao mesmo réxime xurídico e de protección que o resto dos seus fondos documentais.

6. A biblioteca xestionará os fondos adquiridos segundo o seu criterio. Neste sentido, disporá deles para a súa custodia, conservación, consulta, estudo, exhibición e difusión, catalogación e dixitalización, cando proceda, de acordo coa normativa aplicable. Poderá manter o conxunto dos materiais doados identificado como un fondo especial, ou ben separar os elementos que o compoñen, asignándolle a cada un deles o uso e tratamento máis adecuado. Así mesmo, poderá ceder ou trasladar estes materiais a outra biblioteca pública xestionada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude cando se considere máis adecuado en función da súa natureza e das condicións dos centros para a súa preservación, custodia e difusión. Finalmente, a biblioteca poderá someter os materiais recibidos a procesos de expurgo cando criterios técnicos así o aconsellen.

Información básica sobre protección de datos persoais
Responsable do tratamento Xunta de Galicia. Consellería de Lingua e Xuventude.
Finalidades do tratamento Xestionar as doazóns de material bibliográfico con destino á Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel.
Lexitimación para o tratamento Cumprimento dunha misión realizada en interese público con base na Lei 5/2012, de 15 de xuño, de Bibliotecas de Galicia.
Destinatarios/as dos datos Non se prevén comunicacións a terceiros.
Exercicio dos dereitos As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, oposición, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos.
Contacto delegado/a protección de datos e información adicional https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais