Préstamo interbibliotecario

O préstamo interbibliotecario é un servizo que facilita ao lector/a o acceso a aquelas publicacións que precise para fins de investigación ou estudo pero que non se atopen entre os fondos da biblioteca nin das restantes bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia.

A Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel encargarase de localizar a obra e de solicitala á entidade correspondente polo método máis urxente, xa sexa o orixinal ou unha reprodución do mesmo (fotocopia, copia escaneada, etc.). A consulta dos orixinais solicitados farase nunha sala da biblioteca a non ser que a biblioteca prestataria permita o préstamo a domicilio.

O lector/a poderá solicitar unha obra en préstamo interbibliotecario por calquera das seguintes vías:

O número máximo de documentos que se poden solicitar nunha petición é de 1.

O prazo de recepción do material solicitado dependerá da biblioteca prestataria (distancia, método de envío, etc.). Unha vez recibido, a biblioteca porase en contacto co lector/a para comunicarlle a chegada do documento. A partir dese momento o lector disporá de 7 días para facer a recollida. No caso de que non retire o material solicitado nese prazo, a sanción será de 10 días sen préstamo por cada exemplar.

Préstamo interbibliotecario