Reserva de instalacións

Imaxe

A través deste servizo, a biblioteca pon a disposición da cidadanía as súas instalacións coa finalidade de propiciar o intercambio e a difusión cultural e a integración social, converténdose así nun espazo de participación e encontro dos membros da comunidade.

As actividades que se realicen nos espazos da biblioteca non poden ter ánimo de lucro.

Solicitudes

Pode solicitarse o uso destes espazos enchendo o Formulario de reserva de instalacións, cunha antelación mínima de 15 días hábiles. Unha vez recibida a solicitude, a biblioteca poñerase en contacto coa persoa solicitante para informala da aceptación ou denegación da solicitude. En calquera caso, a autorización está condicionada polas necesidades de uso da propia biblioteca. 

Documentación