Este servizo está especialmente dirixido á consulta dos documentos que non se prestan a domicilio.
Os materiais obxecto de consulta son:
- Obras de referencia: enciclopedias e dicionarios, repertorios bibliográficos...
- Fondos especiais: facsímiles, obras con dedicatorias ou anotacións manuscritas autógrafas, doazóns de especial relevancia...
- Fondo patrimonial.
- Fondo de Déposito Legal da nosa provincia: libros, revistas, periódicos, materiais audiovisuais e gráficos.
- Prensa histórica.
A biblioteca tamén pon a disposición das persoas usuarias os medios necesarios (postos de lectura, lectores de son e de audiovisuais, etc.) para que, se o desexan, poidan consultar os materiais prestables dentro da propia biblioteca sen necesidade de levalos en préstamo.
Así mesmo, poderán solicitarse materiais doutras bibliotecas para a súa consulta nas mesmas condicións.