Estas son as bibliotecas entre as que se fai este tipo de préstamo:
— Biblioteca de Galicia (só materiais da Biblioteca Central de Préstamo)
— Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
— Biblioteca Pública de Lugo
— Biblioteca Pública de Ourense
— Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
— Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
— Biblioteca Municipal Central de Ferrol
Cando o material solicitado chegue a biblioteca, avisarémoslle a través da conta de correo que figura na súa conta persoal do catálogo.