O carné e o servizo de préstamo

O servizo de préstamo permite gozar da colección fóra das instalacións da biblioteca. Para facer uso deste servizo hai que presentar o carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, non é válido ningún outro documento identificador.

 

O CARNÉ DA REDE DE BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA

 

MODALIDADES DE PRÉSTAMO

 

Préstamo de materiais da nosa biblioteca

 

Préstamo entre bibliotecas xestionadas pola Xunta de Galicia e Biblioteca Municipal de Ferrol Central (intrabibliotecario)

Préstamo con outras bibliotecas (interbibliotecario)

Préstamo colectivo a entidades

 

OUTRAS XESTIÓNS

Renovacións

Reservas

Devolucións

Sancións

Suxestións

 

 

O CARNÉ DA REDE DE BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA

As persoas usuarias das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia integradas no catálogo colectivo goza dun carné único que lles permite acceder aos servizos de préstamo de todas as bibliotecas que participan no programa. 

Ademais do préstamo a domicilio, a posesión do carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia dá acceso a:

— A plataforma de préstamo de libros electrónicos, revistas e películas GaliciaLe

GaliciaLe dispón de dous catálogos diferentes:

Catálogo en galego: 3 libros electrónicos (21 días) e 2 películas (48 horas)

Catálogo en castelán: 3 libros electrónicos (21 días), 2 audiolibros (21 días) e 2 revistas (72 horas)

— A conta persoal de usuario/a no catálogo, onde cada persoa pode renovar os seus préstamos, suxerir compras, facer comentarios, etc.

 

Onde solicitalo?

a) na Administración da Biblioteca (segundo andar) ou a través deste enlace :  Solicitude

Que documentación é necesaria?

DNI, TIE ou Pasaporte

*Menores de 14 anos: o DNI, TIE ou Pasaporte dunha persoa adulta responsable do/a menor (pai, nai, titor/a legal).

 

Cambio nos datos persoais

Os cambios de domicilio, información de contacto, etc. deben comunicarse á biblioteca para os efectos de notificación.

 

Renovación do carné

O carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ten unha validez de 5 anos que poderá renovar presencialmente na biblioteca cando reciba o aviso por correo electrónico ou cando ao facer uso do servizo de préstamo así llo requira o persoal da biblioteca. No momento da actualización procederanse tamén á actualización de datos se houbese algún cambio desde a última vez que os comunicou.

Inicio

 

Autorización do uso do carné por outra persoa

Normas da autorización:
— A autorización é indefinida, para anulala a persoa que autoriza terá que dirixir un escrito á biblioteca ao correo electrónico biblio.publica.pontevedra@xunta.gal
— A persoa titular do carné pode autorizar a unha ou varias persoas para que usen o seu carné. Están permitidas as autorizacións recíprocas.
— A persoa titular do carné é a única responsable dos materiais prestados.
— A persoa autorizada non necesita ter o carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
— A nai, pai ou titor/a legal NECESITA dunha autorización para facer uso da tarxeta do seu fillo/a se é maior de 14 anos.
*Esta autorización non é valida para o préstamo de portátiles e dispositivos para ler libros electrónicos.

Onde solicitala?
a) na Administración da Biblioteca (segundo andar)
b) a través deste formulario web. Para solicitala por esta vía é necesario que anexe a este formulario a solicitude de autorización asinada con DNI electrónico ou certificado dixital pola persoa titular do carné.

Documentación a presentar para solicitar a autorización:
— Solicitude asinada pola persoa titular do carné 
— Deberá presentar orixinal e fotocopia do DNI da persoa titular da tarxeta

 

Documentación a presentar para facer uso dun carné como persoa autorizada:
— O carné da biblioteca da persoa que autoriza o uso do seu carné
— DNI, TIE, Pasaporte ou carné da biblioteca da persoa autorizada

Inicio

MODALIDADES DE PRÉSTAMO

Préstamo de materiais da nosa biblioteca

— Persoas adultas: o número total de documentos que se poden levan en préstamo co carné de adulto/a é de 20. Cadro resumo do préstamo para persoas adultas.

— Menores de 14 anos: o número total documentos que se poden levan en préstamo co carné infantil é de 17. Cadro resumo do préstamo infantil.

Onde?

a) nos mostradores de préstamo da biblioteca

b) nas máquinas de autopréstamo da biblioteca

Inicio

 

Préstamo entre bibliotecas xestionadas pola Xunta de Galicia e Biblioteca Municipal de Ferrol Central (intrabibliotecario)

É o préstamo de materiais procedentes destas bibliotecas:

— Biblioteca de Galicia (só materiais da Biblioteca Central de Préstamo)

— Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

— Biblioteca Pública de Lugo

— Biblioteca Pública de Ourense Nós

— Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

— Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

— Biblioteca Municipal de Ferrol Central

Onde solicitalo?

a) nos mostradores de préstamo da biblioteca

b) a través deste formulario web

 

Número de máximo de documentos

— Só se pode solicitar 1 documento. Se a obra está formada por varias partes (volumes dun libro, capítulos dunha serie, etc.), poden solicitarse ata un máximo de 3 documentos.

— Só se pode ter 1 petición en curso deste tipo á vez, ata que se recibe un préstamo intrabibliotecario non se pode pedir outro.

— Só se pode ter prestado 1 documento procedente de préstamo intrabibliotecario á vez.

 

Prazo de recepción

O prazo de recepción do material solicitado adoita ser inferior a 1 semana.

 

Prazo de recollida

— Unha vez recibido, a biblioteca poñerase en contacto coa persoa peticionaria para comunicarlle a chegada do documento. A partir dese momento dispoñerá de 7 días hábiles para facer a recollida.

— Se non retira o material solicitado nese prazo, a sanción será de 10 días sen préstamo.

Inicio

 

Préstamo con outras bibliotecas (interbibliotecario)

É un servizo que facilita o acceso a publicacións para fins de investigación ou estudo que non se atopan nos nosos fondos, nin nos das bibliotecas que fan préstamo intrabibliotecario, pero si nos dalgunha das Bibliotecas Públicas do Estado. Nesta ligazón podes consultar o Catálogo Colectivo de Bibliotecas Públicas.

 

Onde solicitalo?

a) na Administración da Biblioteca (segundo andar)

b) por correo electrónico no enderezo:biblio.publica.pontevedra@xunta.gal

 

Gastos

Os gastos deste servizo, se os houbese, correrán a conta da persoa usuaria.

 

Número máximo de documentos

Só se pode pedir 1 documento á vez.

 

Prazo de recepción

O prazo de recepción do material solicitado dependerá da biblioteca prestataria (distancia, forma de envío, etc.).

 

Prazo de recollida

— Unha vez recibido, a biblioteca poñerase en contacto coa persoa peticionaria para comunicarlle a chegada do documento.

— A partir dese momento, a persoa usuaria disporá de 7 días hábiles para recollelo. Se non retira o material solicitado nese prazo, a sanción será de 10 días sen servizo de préstamo. A ausencia de recollida do material en prazo de maneira reiterada implicará a exclusión deste servizo.

Inicio

 

Préstamo colectivo a entidades

As entidades poden solicitar un carné de entidade.

 

Onde solicitalo?

Na Administración da Biblioteca (segundo andar)

 

Documentación necesaria para facer a solicitude:

— Solicitude asinada pola persoa responsable da institución, na que se nomeará á persoa/s autorizada/s a empregar o carné

— Fotocopia do DNI, TIE ou Pasaporte da persoa autorizada (imprescindible amosar o documento orixinal)

 

Como solicitar os préstamos?

— As peticións de préstamo de máis de 10 documentos requirirán de autorización previa e deberán remitirse con 3 días hábiles de antelación ao enderezo de correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.gal.

— As novidades bibliográficas están excluídas do servizo de préstamo a entidades.

— A persoa autorizada debe presentar o carné da entidade e o seu DNI, TIE, Pasaporte ou carné da biblioteca. Cadro resumo do préstamo para entidades. 

Inicio

 

 OUTRAS XESTNS

Renovacións

Cando se pode renovar?

— A renovación poderase realizar unha vez transcorridos 6 días do préstamo e ata a súa caducidade. 

— Non se permitirá a renovación de documentos reservados.

 

Onde podo renovar?

a) a través da conta persoal no catálogo

b) nos mostradores de préstamo da biblioteca

c) por teléfono no número 886 159 252

Inicio

 

Reservas

— Se o material que se quere levar está prestado, pode facerse unha reserva.

— Non se poden facer reservas de materiais que estean dispoñibles.

 

Onde solicitalas?

a) nos mostradores da biblioteca

b) a través da conta persoal no catálogo

 

Número máximo

O número máximo de reservas por persoa é de 6 (3 libros e revistas, 2 audiovisuais e 1 dispositivo lector de libros electrónicos).

 

Prazo de recollida

— O prazo para recoller as reservas será de 3 días hábiles desde que a persoa usuaria é avisada.

— Se a persoa non recolle o documento nese prazo, a reserva quedará anulada.

Inicio

 

Devolucións

- Nos mostradores da Sala Infantil (1º andar) e na Sala de Préstamo (2º andar).

- Na máquina de devolucións da planta baixa

Inicio

 

Sancións

— Por incumprimento de prazos de préstamo: 1 día sen poder levar ningún material en préstamo por día e documento atrasado.

— Documento non devolto: o carné quedará bloqueado permanentemente e non poderá levar ningún material en préstamo en ningunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

— Por deterioración ou perda:

Se un usuario/a tenta devolver un material deteriorado ou o perdeu, a biblioteca non aceptará a devolución e o seu carné quedará bloqueado. Para volver a facer uso del terá dúas opcións:

a) reparar o material;

b) repoñelo por outro igual. Se non estivera dispoñible no mercado, o persoal técnico da biblioteca solicitaralle outro material de similares características e prezo.

Inicio

 

Suxestións

Se o material solicitado non se atopa na biblioteca, nin no resto das bibliotecas da Rede que fan préstamo intrabibliotecario, a persoa usuaria poderá facer unha suxestión de compra que será valorada polo centro. Nesta ligazón pódense consultar as normas das suxestións de compra.

 

Onde solicitalas?

A través da conta persoal no catálogo.

 

Número máximo

1 suxestión ao mes. Non se admiten suxestións de novidades bibliográficas.

Se queres aconsellar á biblioteca un libro que xa liches e pensas que podería gustarlle a outras persoas, podes escribirnos ao seguinte correo electrónico coleccion.bibliotecas.pontevedra@xunta.gal

Inicio