12 de Abril 2025, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Coruña › Coruña, A
A cargo de Pedras de Cartón
Pedras de Cartón presenta "Carapuchiña", un dos clásicos máis populares da literatura infantil. "Carapuchiña" é un conto de fadas de transmisión oral, adaptado posteriormente por Charles Perrault e máis tarde polos irmáns Grimm.
Pedras de cartón toma como punto de partida o conto clásico para xogar a desarmar os contos que todos coñecemos.
"Carapuchiña" é unha comedia de teatro de obxectos protagonizada por Juan Rodríguez e Leonardo Casado que xoga coa historia cunha linguaxe xestual, case sen palabras e ambientada no mundo da panadaría tradicional.
Duración: 45 minutos
Salón de actos
Público familiar a partir de 3 anos
Entrada libre ata completar a capacidade da sala