22 de Febreiro 2025, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Coruña › Coruña, A
Por Trinketrinke teatro
A ratiña Faifá acaba de chegar dunha viaxe por África. Vainos contar e cantar anécdotas, xeitos de vida, contos e cancións dos dous grupos culturais e xeográficos principais deste continente (xeneralizando): a África subsahariana ou negra e a África do norte ou Magreb. Así, explicaranos, con "jaima" e todo, como se toma o té no deserto, como se fai un turbante e recreará o lugar onde, tradicionalmente, se contan os contos nas aldeas da África subsahariana.
Salón de actos.
Publico familiar a partir de 4 anos.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.