Por Trinketrinke teatro
Fuco trae nunha caixa os ratiños máis novos e polo tanto máis pequenos de Lonxedetodo. Tenos que coidar. Amósallos aos nenos e nenas mais cando lles manda que se volvan meter na caixa, os ratos non obedecen e, ademais, mórdeno. Fuco enfádase e consegue que entren na caixa... por pouco tempo. Para calmalos, decide contarlles tres contos de ratos, un para cada un. De ratos, por suposto. Os contos de Arnold Lobel son imprescindibles para a iniciación dos nenos e nenas no mundo da literatura.
Contos:
-Contos de ratiños. Lobel, Arnold. Pontevedra : Kalandraka, 2021
-Sopa de rato. Lobel, Arnold. Pontevedra : Kalandraka, 2013
Salón de actos.
Publico familiar a partir de 4 anos.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.