Audiovisuais

Imaxe sección cine e series primeiro andar

O fondo de audiovisuais atópase no primeiro andar da biblioteca e recolle todos os documentos relativos ao cine: a historia, os estilos, os autores e autoras, as técnicas, etc., ademais das obras cinematográficas.

As obras cinematográficas, están constituídas por cine e series en dvd e blu-ray.

Co fin de poder ver unha evolución ao longo do tempo dende as orixes do cine, están clasificadas do seguinte xeito:

1º décadas (191-, 192-, 193-…)

2º países (ES, EU, IT…)

3º directores

Os documentos teñen, tamén, unas iconas que identifican distintos xéneros como terror, ciencia ficción, negro, etc.

Pódense levar para a casa 3 exemplares por 7 días, prorrogables outros 7 días máis.

 Música

Compartindo espazo no primeiro andar, temos o fondo de música que recolle todos os documentos relativos á música, os diferentes estilos, a historia, as biografías de músicos, a técnica musical, instrumentos etc.

Ademais, as obras musicais en CD están divididas por estilos: bandas sonoras, música clásica, folk, rock, jazz, reggae, soul, blues, música latina, música galega, entre outros.