O espazo para as nenas e nenos e a xente moza atópase no andar baixo da Biblioteca.
A Sala Infantil ocupa a metade dereita do andar baixo da Biblioteca e é para uso exclusivo das nenas e nenos menores de 14 anos e as/os súas/seus acompañantes.
Está organizada seguindo unha clasificación por cores correspondentes ás idades dos nenos.
Nesta Sala atoparedes libros de lectura, libros informativos, banda deseñada, libros xogos, de manualidades ..., xogos de mesa, películas, documentais ... mesas e cadeiras para poder estudar, facer traballos, xogar, axeitados para todas as idades ( de 0 a 14 anos).
A Sala conta cun espazo pensado para as nenas e nenos de 0 a 5 anos, a bebeteca, nela atoparedes material adaptado para estas idades.
As nenas e nenos contán tamén cuns aseos propios e unha sala de actividades onde se desenvolven os diferentes obradoiros, contacontos, campamentos.
O Espazo Xove está dirixido a mozos e mozas entre 14 e 18 anos e atópase na parte dereita do andar baixo, xunto coa Comicteca de adultos.
Esta sección ofrece unha ampla colección de narrativa xuvenil de todos os xéneros, poesía, teatro, conto e cómics e manga. Ademáis, presenta unha selección de apoio ó estudo, así como outra de divulgación. Por outra banda, no chamado Recuncho dos xogos poderás atopar libros-xogo, xogos de rol, videoxogos e libros divulgativos especializados nestes últimos.
Unha vez ó mes, o Espazo Xove acolle o club de xogos de mesa da biblioteca.