Colección accesible

Esta colección de libros, audiovisuais e documentos electrónicos está dirixida a colectivos que precisan unha atención diferenciada. 

Forman parte dela:

  • Libros de lectura fácil. Libros elaborados con especial coidado para poder ser lidos e comprendidos por persoas que teñen dificultades lectoras e/ou de comprensión. Tamén están indicados para inmigrantes recentes.

  •  Libros en Letra Grande. Presentan unha letra máis grande do habitual e diríxense a persoas maiores e persoas con dificultade de visión.

  • Libros temáticos sobre diversidade funcional.

  • Libros informativos relativos a lexislación sobre diversidade funcional, formación laboral, inserción, organizacións, dicionarios en linguaxe de signos, etc. Diríxense a persoas con diversidade funcional, ás súas familias e a persoas que desenvolven a súa actividade laboral con eles.

  • Audiolibros

  •  Libros en formato CD ou DVD. Diríxense a un público amplo: persoas con dificultades de visión, persoas maiores, inmigrantes, persoas sen hábito de lectura, etc. DVD e vídeos. 

  • Libros para o coñecemento da  Lingua de Signos.

  •  Recursos electrónicos. CD-ROM multimedia con xogos para persoas con algunha diversidade cognitiva.

Todos os documentos desta colección levan un rótulo temático para distinguilos e atópanse na Sala Infantil e no segundo andar.