Literatura

Este fondo atópase no primeiro andar da biblioteca. Destacan as novelas que se clasifican por países e, dentro destes, por autoría. Podemos distinguir tres grandes bloques: novelas de autoría galega (Es-gal), novelas de autoría española (ES) e novelas de autoría estranxeira. Pódense atopar tamén novelas no seu idioma orixinal a continuación da novela estranxeira.

Porén, os documentos en galego non están separados dos documentos en castelán salvo que se trate de traducións ao galego de novelas de autoría estranxeira.

Todas as obras de ficción e non ficción do fondo de adultos que non estén escritas en castelán, identifican a súa lingua cunha bandeira. 

As novelas se identifican mediante a letra ene (N) na etiqueta da parte inferior do lombo, tamén chamado "tejuelo". Ademais, presentan uns adhesivos de cores e letras para axudar a distinguir os grandes xéneros (novela Negra , novela Romántica , novela Histórica etc). 

Contamos, tamén con outras grandes seccións:

Libros de viaxes (V)

Ensaio (E)

Memorias (M)

Biografías (B)

Artigos (X)

Correspondencia (CA)

Poesía (P)

Teatro (T)

Contos (relatos curtos e conto literario) (C)