Unha biblioteca é accesible cando
as persoas con discapacidade física
ou cognitiva poden acceder e moverse
por ela sen dificultades.
Unha biblioteca accesible tamén ten
que ofrecer servizos e documentos
para as persoas con discapacidade.
Edificio accesible
O edificio da biblioteca conta con portas
de apertura automática na entrada,
sinalización podotáctil, mapa háptico,
ascensores, ramplas, aseos adaptados,
bucle magnético, espazos amplos
que facilitan a circulación e
estanterías de altura adecuada.
Equipos informáticos
Na zona dos ordenadores de uso público
do primeiro andar, hai un portátil
reservado para as persoas xordas
que necesiten comunicarse
por videoconferencia.

Colección accesible
No segundo andar podes encontrar
a Colección accesible para adultos,
con libros de lectura fácil,
libros con letra grande,
libros para aprender a lingua
de signos española e audiolibros.

Actividades
No Club de lectura fácil
participan persoas usuarias
da Asociación Aspanas,
que se reúnen todos os mércores
de outubro a maio para ler
en voz alta e comentar libros
de lectura fácil.
Publicacións
Co gallo do Día das Letras Galegas
publicamos un folleto sobre a vida
e obra da persoa homenaxeada
escrito en lectura fácil.
- Luísa Villalta en lectura fácil
- Francisco Fernández del Riego en lectura fácil
