Documentos de non ficción, clasificados pola C.D.U. (Clasificación Decimal Universal) con números do 0 ao 9, onde cada un correspóndese cunha grande área do coñecemento. Case todo este fondo atópase no segundo andar. Porén os libros de psicoloxía, lingua e literatura, guías de viaxe, libros de cine, música e fotografía están colocados no primeiro andar.
Aqueles libros sinalados cun punto vermello son unicamente de consulta na biblioteca, non se poden levar en préstamo.
Os números da C.D.U. correspóndense coas seguintes temáticas xerais:
-
0 Xeneralidades
-
1 Filosofía, psicoloxía
-
2 Relixión
-
3 Ciencias sociais
-
5 Ciencias puras
-
6 Ciencias aplicadas
-
7 Arte
-
8 Lingua e literatura
-
9 Xeografía e historia