Sección destinada exclusivamente ata os 14 anos e aos seus acompañantes. Os rapaces menores de 7 anos, teñen que estar sempre acompañados dun adulto responsable.
Dentro da sala diferenciamos dúas zonas principais:
Zona dos Bebes. Destinada amenores de 5 anos, na que os libros están identificados cun punto de cor azul onde atoparedes recunchos de lectura informal con mobiliario adaptado as súas necesidades.
Zona Infantil. De 6 a 14 anos. Clasificada por idades e identificadas con cores segundo a idade que parécenos mais idónea para cada libro, aínda que sempre sodes vós quen decide.
Está organizada en:
-
A sección de 6 a 8 anos, aquí os libros de narrativa levan un punto de cor vermello e os libros informativos una etiqueta de LINF.
-
A sección de 9 a 11 anos aquí os libros de narrativa levan un punto de cor verde.
-
A sección de máis de 12 anos na que os libros levan un punto de cor amarelo.
-
A sección de coñecementos que é común para maiores de 8 anos, e recolle os fondos ordenados pola materia de que tratan (ciencia, animais, transportes, música, etc).
-
Outras seccións.
Documentos sonoros (cd de música, audiolibros.)
Documentos audiovisuais (películas, documentais)
Recursos electrónicos (xogos de ordenador, plataformas)
Banda deseñada e manga
Colección Accesible. Inclúe os materiais adecuados ás diferentes necesidades lectoras nos casos de diversidade funcional.
Recuncho das nais e pais. Con libros sobre educación infantil, psicoloxía e outros temas relacionados.