
A actual sede da Biblioteca Pública de Ourense Nós abriu as súas portas o 23 de decembro do ano 2019. Anteriormente atopábase nun edificio da rúa Concello, no centro da cidade. Podedes consultar a información sobre a historia da biblioteca máis abaixo nas ligazóns.
As bibliotecas públicas son unha forza viva da educación, a cultura, a inclusión e a información, facilitando o acceso a toda clase de coñecemento e información.
A biblioteca Nós é un servizo público adicado a satisfacer as necesidades das nosas persoas usuarias. Queremos que a biblioteca se converta nun espazo de encontro, acolledor, participativo e plural, onde poder formarse, potenciar a creatividade, compartir e relacionarse. Accesible a toda a comunidade onde vós sodes o primeiro.
Un espazo libre e gratuíto que aspiramos a que sintades como voso.
A biblioteca ofrece múltiples recursos, servizos e actividades, e estamos sempre abertos á súa mellora: vós podedes axudar a facer comunidade.
Benvidas e benvidos a vosa Biblioteca!