O “Espazo Xove” da BPOU é a sección da biblioteca dirixida a satisfacer as necesidades específicas de información, formación e ocio dun público xuvenil entre os 14 anos e a vintena. Atópase no andar baixo, a carón da Comicteca.
A colección inclúe tanto obras de ficción como divulgativas, de axuda ó estudio, lecturas escolares, guías para preparar o acceso a universidade, revistas e xogos. Mantén maiormente o sistema de identificación dos libros de adultos e os exemplares están destacados cun adhesivo azul no lombo.
Os bloques nos que se divide o “Espazo Xove” son:
Cómic (COM). Obras que serven de ponte entre a comicteca infantil e a de adultos.
Ficción. Conto (C), Poesía (P), Teatro (T) e Novela (N). Organizadas polo país de orixe da autoría das obras.
Dicionarios (DIC). É posible o préstamo a domicilio dalgúns dos exemplares dispoñibles.
Divulgación e axuda aos estudios. Seguen a Clasificación Decimal Universal (CDU) e abordan todo tipo de temas.
Guías para preparar o acceso á universidade. Monográficos anuais por materias que serven de apoio á preparación desta proba.
“Recuncho de xogos”. Subsección adicada aos xogos de mesa, xogos de rol e videoxogos.
Pódese acceder tanto aos xogos en sí, como a bibliografía relacionada.