Fondo local

A sección de fondo local sitúase no segundo andar da biblioteca e ten como obxectivo reunir e ofrecer todo o patrimonio bibliográfico e documental relacionado coa cidade de Ourense e provincia así como todas as obras publicadas na provincia de Ourense e de autoría ourensá.

Os seus fondos están divididos, igual que o resto da biblioteca, en materias e obras de ficción (novelas, poesía, teatro, etc.)

Todos os documentos correspondentes ao fondo local levan o rótulo temático FL (Fondo Local) . Algúns son prestables a domicilio e outros non. Estes últimos están marcados cun punto vermello.