ACTIVIDADES CONTINUADAS AO LONGO DO “CURSO” 2026-2027
Prazo de inscrición: comezará o mércores 16 de setembro ás 9:00h salvo as actividades monográficas.
Inscrición presencial ou telefónica nos números de teléfono: 988 78 83 85 / 86. Só se poderán inscribir 2 persoas por chamada e para un máximo de 2 clubs de lectura e 2 obradoiros e outras propostas
No caso de esgotar as prazas estableceranse listaxes de agarda.
As persoas que queiran participar deberán ser socios dalgunha biblioteca da rede de bibliotecas de Galicia e non estar sancionados no momento da inscrición.
CLUBS DE LECTURA
Mañás:
Bonjour! Club lectura en francés. Martes ás 11:00h. Comezo o 6 de outubro COMPLETO!
Club de lectura Retahílas. Martes alternos ás 11:30h (quincenal). Comezo o 22 de setembro
Tardes:
Bonsoir! Club de lectura en francés. (imprescindible nivel B1) Todos os luns ás 18:00h. Comezo o 5 de outubro (o grupo farase se hai un mínimo de 10 persoas)
Club de lectura en inglés. Martes ás 19:30h (imprescindible nivel B1). Comezo o 6 de outubro.
Club de lectura Luz de Gas. Martes alternos ás 19:30h (quincenal). Comezo o 6 de outubro. COMPLETO!
Club de lectura sobre medio ambiente “O micelio”. Terceiro martes de cada mes ás 19:00h. Comezo o 22 de setembro
Club de lectura Ágora. Venres alternos ás 18:00h (quincenal). Comezo o 9 de outubro.
Club lectura en galego. Mércores alternos ás 19:00h (quincenal). Comeza o 7 de outubro.
Club de lectura de poesía. Mércores alternos ás 18:30h (quincenal) . Comezo o 21 de outubro.
Club de lectura de novela negra. Xoves alternos ás 17:30h (quincenal). Comezo o 24 de setembro
Club de lectura de cómic da Biblioteca Nós. Para maiores de 14 anos. Reunións mensuais. Martes ás 19:00h. Comezo o 6 de outubro.
NOVO! Club de lectura “A resistencia” Novela curta. Sen temática específica e principalmente en castelán. Luns alternos ás 18:00h. Comezo o 5 de outubro
NOVO! Club de lectura de novela histórica Luns ás 18:00h. Comezo o 28 de setembro
NOVO! Club de lectura LGTBIQ+ Martes ás 18:30 h Comezo o 6 de outubro
OBRADOIROS E OUTRAS PROPOSTAS
Mañás:
Curso de ilustración cómic. Terceiro sábado de cada mes ás 11:30h. Para maiores de 12 anos Comezo o 17 de outubro
Obradoiro de Diarios creativos. Sábados ás 11:00h. Comezo o 3 de outubro
Activa-te. Actividades de estimulación cognitiva, lúdicas para activar a memoria e mellorar a concentración e a atención para maiores de 70 anos. Mércores ás 11:00h (duración 1 h ). Comezo o 7 de outubro.
Tardes:
Curso de Historia da arte. Martes ás 17:30h. Comezo o 6 de outubro.
Club de cinema. Actividade en colaboración co Cineclub Padre Feijoo. O segundo martes de cada mes ás 19:00h. Comezo o 13 de outubro.
Club de debate Subir a por aire. Xoves ás 19:00h. Comezo o 1 de outubro.
Faladoiro en Inglés. Xoves ás 19:30h. Comezo o 8 de outubro
Espazo Comunitario de Reflexión Ourense E.C.R.O sobre saúde mental. Terceiro mércores de cada mes ás 18:30h. Comezo o 21 de outubro.
Obradoiro de calceta. Mércores ás 17:00h. Comeza o 7 de outubro. COMPLETO!
Conversa en galego. Xoves ás 17:30 h . Comezo o 1 de outubro.
Obradoiro de cálculo matemático. Pensado para persoas apaixonadas das matemáticas ou as que a queiran lembrar. Maiores de 55 anos. Luns alternos ás 19:30h. Comezo o 19 de outubro.
NOVO! Neurodiverxeando. Venres ás 19:00h. Comezo o 9 de outubro. Trátase dun espazo de encontro participativo para persoas adultas neurodiverxentes, autónomas, que non requiran apoios especializados durante as sesións. Este espazo non constitúe intervención terapéutica ou psicolóxica senón un lugar de encontro comunitario, aprendizaxe, comprensión e tolerancia. A actividade consistirá en reunións semanais onde as persoas participantes poderán compartir experiencias, dificultades cotiás, estratexias persoais e reflexións relacionadas coa súa forma de procesar o mundo, nunha contorna respetuosa e seguro.
NOVO! Club de bordado. Xoves ás 19.00h. Comezo o 8 de outubro. Grupo para aquelas persoas ás que lles gusta bordar para compartir momentos, experiencias e espazo. Non se trata dun curso.
ACTIVIDADES MONOGRÁFICAS
Club de escrita creativa de adultos. Para persoas maiores de 30 anos. 4 sesións durante os meses de outubro e novembro. Martes alternos ás 11:00h (quincenal). Comezo o 13 de outubro. O prazo de inscrición ábrese o luns 21 de setembro para as 4 sesións.
Club de escrita creativa para a mocidade. Para persoas entre 14 e 30 anos. 4 sesións durante os meses de outubro e novembro. Mércores alternos ás 19:00h. Comezo o 7 de outubro. O prazo de inscrición ábrese o luns 21 de setembro para as 4 sesións.
Club de xogos de mesa. Para cada sesión hai que anotarse unha semana antes da mesma.
Sesións:
Último mércores do mes ás 17:00h. no Espazo Xove (+ de 14 anos). Comezo o 30 de setembro
Segundo sábado do mes ás 10:30h. (+ de 18 anos ou + de 14 anos acompañados dunha persoa adulta). Comezo o 19 de setembro.