Se tes entre 4 a 6 anos vente á biblio a escoitar historias cheas de imaxinación.
Mentras dura a sesión, as nenas e nenos quedarán sós coa contadora para gozar do conto en calma.
É necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres anterior á actividade presencialmente ou chamando aos números de teléfono : 988 788 385 / 386
Este xoves, e no mes do Día da muller traballadora, os roteiros guiados están centrados nas figuras das mulleres. Nesta tarde veremos a historia da cidade a través das mulleres que poboaron e construiron o Ourense actual.
Inscricións dende o venres 20 de marzo ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono 988 788 386/386.
Este segundo roteiro do mes céntrse nas figuras das mulleres de Nós. En 1920 nace na cidade unha revista cuxa cabeceira dará nome a toda unha xeración de intelectuais, Nós. Nesta ocasión imos poñer en valor ás mulleres que, aínda que en menor medida, fixeron a súa contribución a esta publicación e estiveron esquecidas por moito tempo.
No segundo andar da biblioteca temos unha recreación a escala dun campamento militar romano, similar ao orixinal situado en Bande (Ourense) e repasa as cinco décadas de traballo arqueolóxico neste importante xacemento. Organizada por la Fundación Aquae Querquennae-Vía Nova e financiada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Exposición para lembrar a importancia das matemáticas.
Salvador Arguilé Letosa é un licenciado en Matemáticas que desenvolveu a súa vida laboral principalmente no mundo da Informática.