Contos para bebés con Charo Pita.
A partir do 7 de outubro e cunha periodicidade mensual teremos na sala infantil contos para a cativada da casa narrados con efectos sonoros, xogos corporais e onomatopeicos, cantigas, álbums ilustrados e libros de imaxes. Para escoitar á calor dunha aperta.
Esta actividade ten unha periodicidade mensual. Estas son as datas previstas:
Mércores 7 de outubro
Mércores 4 de novembro
Mércores 2 de decembro
Xoves 7 de xaneiro
Mércores 3 de febreiro
Mércores 3 de marzo
Mércores 7 de abril
Mércores 5 de maio
Actividade dirixida a 20 nenas e nenos de 0 a 3 anos. Cada bebé debe estar acompañado dunha soa persoa adulta. As persoas interesadas deben recoller a invitación no mostrador de información dende 30 minutos antes do comezo da actividade.