Virtual
Todos os públicos
Infantil
Xuvenil
Público adulto
Xogo de fuga virtual
Demostra todo o que sabes de Florencio Delgado Gurriarán e axúdanos a salvar as Letras Galegas!
A Biblioteca Pública Ánxel Casal foi invadida por ciborgs que queren convertela na súa base de operacións para conquistar a Terra. Xa conseguiron instalarse no soto e tentan facerse coa biblioteca, borrando algúns datos e cambiando outros para que a conmemoración das Letras sexa un fracaso total! Axúdanos a sabotar os seus plans!
Un xogo virtual para coñecer a fondo a vida do escritor homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán, ou ben demostrar o que xa sabes!
Accede ao xogo premendo no seguinte enlace: https://bit.ly/BPS_escape_LetrasGalegas