Presencial
Todos os públicos
0-3 anos
Infantil
Xuvenil
Público adulto
Organizamos actividades de animación á lectura e dinamización, dirixidas a todos os públicos.
Os sábados choiva de contos é un ciclo de contacontos que vos ofrecemos todos os sábados nos que está aberta a biblioteca. As sesións son ás 12h no salón de actos con entrada libre.
Tamén organizamos charlas, recitais, contacontos para persoas adultas ou específicos para bebés, obradoiros, roteiros relacionados cos libros, a literatura o a cultura galega, concertos e todo tipo de espectáculos.
Podes consultar a información de eventos na axenda