Aula de maiores

Imaxe
Presencial
Público adulto

Inscrición aberta a partir do 7 de outubro

A Aula de maiores é unha actividade dirixida ás persoas maiores de 55 anos que non tiveron oportunidade de estudar ou queren lembrar o que aprenderon hai tempo: facer operacións matemáticas sinxelas, practicar a lectura e a escritura ou facer xogos didácticos de xeografía son algúns dos conceptos básicos que se ensinan nesta aula.

As sesións terán lugar nas salas de traballo en grupo do 3º andar os martes de 10.00 a 12.00h e os mércores de 10.30 a 12.00h, a partir do martes 21 e o mércores 15 de outubro respectivamente.

A actividade seguirá o calendario escolar ata finalizar o próximo mes de xuño. As sesións terán lugar na sala A de traballo en grupo do 3º andar. O número máximo de participantes é de dez en cada Aula e precísase ter o carné de biblioteca  no momento de inicio da actividade.

O período de inscrición prolóngase ata o remate da actividade. As persoas interesadas poden obter máis información e anotarse chamando ao 881 999 401 ou acudindo directamente ao mostrador da planta baixa. 

A biblioteca pon a disposición das persoas integrantes da actividade materiais acordes co programa que se vai impartir: libros, ordenadores portátiles.