Clubs de lectura

Imaxe
Presencial

A inscrición comeza o 15 de setembro ás 8.30h.

Un club de lectura é unha actividade na que un grupo de personas afeccionadas á lectura comparten a súa experiencia e as súas impresións con outras ao redor de distintas obras de literatura previamente anunciadas polas coordinadoras e coordinadores dos clubs. A biblioteca proporciona un exemplar da obra en cuestión para cada participante.

Debido á grande demanda de prazas, este ano tomáronse unha serie de  medidas que esperamos contribúan a reducir as listas de agarda.

  • Creación doutro club de lectura en español. Posto que era a lista de espera máis longa, creouse outro grupo (coordinado tamén por Tamara Montero) que se celebrará os sábados. En principio crearase coas persoas que estean en lista de agarda para o club dos mércores; no caso de que non se cubran as prazas deste xeito, será posible inscribirse cando abra o período.
  • Aumento do número de participantes (ata un máximo de 20 partipantes).
  • Naqueles clubs con periodicidade mensual, só se permiten 2 faltas sen xustificación.

Os días de celebración das sesións dos Clubs de Lectura son os seguintes:

NOME DO CLUB

DÍA, PERIODICIDADE E HORA DAS SESIÓNS

BANDA DESEÑADA

Luns en semanas alternas. 19.30-21.00 h.

FEMINISTA

Luns en semanas alternas. 19.30-21.00 h.

NOVELA NEGRA

Martes con periodicidade mensual. 19.30-21.00h

GALEGO

Mércores en semanas alternas. 19.30-21.00 h. 

ESPAÑOL

Mércores en semanas alternas. 19.30-21.00 h. 

INGLÉS

Xoves en semanas alternas. 19.30-21.00 h.

PORTUGUÉS

Xoves en semanas alternas. 19.30-21.00 h.

FRANCÉS

Venres en semanas alternas. 19.30-21.00 h.

ESPAÑOL II

Sábados en semanas alternas. 10.30 a 12.00

O procedemento para cubrir as prazas vacantes é o seguinte:

  • É preciso ter carné da biblioteca no momento da inscrición.
  • Os integrantes do ano 2025-2026 seguen a manter a praza que ocupan.

Entre o 1 e o 14 de setembro:

Nos clubs con prazas vacantes, avisarase ás persoas que integran as listas de agarda, as cales están pechadas dende a finalización das sesións en maio-xuño de 2026

O día 15 de setembro ás 8:30h iníciase o prazo de inscrición para os clubs con vacantes:

  • Francés
  • Portugués
  • Español II (no caso de que non se encha cos apuntados á lista de agarda dos mércores)

Ese mesmo día 15 comeza o prazo de inscrición para as listas de agarda dos seguintes clubs:

  • Banda deseñada
  • Español
  • Español II 
  • Feminista
  • Galego
  • Inglés
  • Novela negra

Recomendamos aos usuarios e usuarias interesadas nalgún dos clubs nos que non hai prazas vacantes que se anoten nas listas de agarda xa que se poden producir baixas entre os integrantes actuais, como así sucedeu en anos anteriores.

As listas de agarda permanecerán abertas ata o remate dos clubs (mes de maio-xuño)

As solicitudes que cheguen antes do día 15 de setembro non serán tidas en conta.

Os medios para inscribirse son:

   • Presencialmente no mostrador de información no horario de apertura da biblioteca. 
   • Por teléfono, chamando ao 881 999 401
   • Por correo electrónico: biblio.publica.santiago [at] xunta.gal (biblio[dot]publica[dot]santiago[at]xunta[dot]gal)

Cada comunicación de inscrición debe ser individual.

O número máximo de clubs nos que pode anotarse e participar cada persoa é de 2. En función da demanda na inscrición, a biblioteca resérvase o dereito de establecer en 1 o número máximo de clubs nos que se pode participar. En calquera caso, sempre nos poremos en contacto coa usuaria ou usuario para que escolla o que máis lle interese.

Calquera cambio nas datas ou horarios comunicarase aos usuarios e usuarias integrantes dos clubs coa suficiente antelación.
     
Está previsto que os clubs se inicien a partir do 13 de outubro e que rematen en maio ou xuño de 2027 (o mes de remate dependerá da dispoñibilidade orzamentaria para o ano 2027).

A finais de setembro a biblioteca publicará na páxina web o listado de persoas admitidas.