Sesións para coñecer a biblioteca dirixidas a público adulto. O horario programado para as visitas é ás 11h
Coñece a túa biblioteca
Unha oportunidade para aprender todo o que ofrece a biblioteca nunha hora e media aproximadamente.
Esta actividade consiste nunha visita guiada polas instalacións e unha sesión de formación básica para aprender o uso do catálogo, os recursos da web da biblioteca e os servizos que ofertamos.
Para participar tes que anotarte no mostrador de información do andar baixo ou no teléfono 881 999 401 ata 24h antes da data que queres resevar. O mínimo de persoas preciso para que a actividade teña lugar é de 2.
As datas de realización desta actividade en 2026 son:
- 8 de xaneiro
- 5 de febreiro
- 5 de marzo
- 9 de abril
- 7 de maio
- 4 de xuño
- 2 de xullo
- 6 de agosto
- 3 de setembro
- 1 de outubro
- 5 de novembro
- 3 de decembro
Coñece GaliciaLe
Esta formación enfócase ao coñecemento da plataforma de préstamo de libros electrónicos GaliciaLe.
A actividade consiste nunha visita guiada polas instalacións e unha sesión de formación básica para aprender o uso da plataforma.
Para participar tes que anotarte no mostrador de información do andar baixo ou no teléfono 881 999 401 ata 24h antes da data que queres resevar. O mínimo de persoas preciso para que a actividade teña lugar é de 3.
As datas de realización desta actividade en 2026 son:
- 29 de xaneiro
- 26 de febreiro
- 26 de marzo
- 30 de abril
- 28 de maio
- 25 de xuño
- 30 de xullo
- 27 de agosto
- 24 de setembro
- 29 de outubro
- 26 de novembro
- 17 de decembro
Formación na Biblioteca accesible
Programa de formación dirixido a grupos no aprendizaxe do hardware e software accesible. Baixo demanda.
O grupo interesado nesta formación ten que solicitalo na biblioteca, por teléfono 881 999 401 ou por correo biblio.publica.santiago [at] xunta.es (biblio[dot]publica[dot]santiago[at]xunta[dot]es)