Esta actividade ten como obxectivos achegar o coñecemento da Arte ás persoas interesadas, procurar a súa difusión e comprensión, así como apoiar o desenvolvemento do sentido crítico a través da comparativa de obras, a análise iconográfica e o comentario dos estilos históricos máis relevantes e as súas relacións con outras manifestacións artísticas e culturais.
A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acolle un obradoiro de Iniciación á historia da Arte que estará coordinado por Pablo Barreiro, voluntario do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Esta actividade ten como obxectivos achegar o coñecemento da Arte ás persoas interesadas, procurar a súa difusión e comprensión, así como apoiar o desenvolvemento do sentido crítico a través da comparativa de obras, a análise iconográfica e o comentario dos estilos históricos máis relevantes e as súas relacións con outras manifestacións artísticas e culturais.
Vai dirixido a persoas maiores de 18 anos que, mesmo sen coñecementos previos, sintan curiosidade polos procesos artísticos, tan relevantes para a comprensión do mundo pasado e presente e que continúan a definir unha boa parte da estética e o sentir humano.
A actividade está formada por 15 participantes que realizarán as súas sesións os luns de 18.00 a 19.00h na sala de traballo en grupo A do terceiro andar. As sesións iniciaranse o 3 de marzo e rematarán no mes de xuño. Todas as persoas participantes deberán ter o carné de biblioteca no momento do inicio da actividade.
Pablo Barreiro é licenciado en Xeografía e Historia, especialidade en Arte Moderna e Contemporánea e ex-profesor de Historia da Arte do IES Valle Inclán de Pontevedra.
Anteriormente, foi colaborador cultural de La Voz de Galicia, Pontevedra e da revista cultural Cedofeita. Ademais, foi relator de cursos para os Centros de Formación do Profesorado en Pontevedra e Lalín sobre didáctica das CCSS, cine e historia.