*Inscrición pechada
Obradoiro de Iniciación á historia da Filosofía coordinado por Rafael Varela Nogueiras, voluntario do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Esta actividade ten como obxectivo achegar a Filosofía ás persoas interesadas e fomentar e apoiar a difusión do pensamento filosófico. Está dirixido a persoas maiores de 18 anos que non teñan necesariamente coñecementos previos pero que sintan curiosidade cara ás ideas dos filósofos que se foron construíndo desde circunstancias históricas e biográficas concretas, atendendo a problemas profundamente arraigados na condición humana.
A actividade está formada por dous grupos independentes de 10 participantes cada un que realizarán as súas sesións os mércores e xoves de 18.00 a 19.00h na sala de traballo en grupo B do terceiro andar.
O período de inscrición prolóngase ata o remate da actividade. As persoas interesadas poderán obter máis información e anotarse chamando ao 881 999 401 ou acudindo directamente ao mostrador da planta baixa.
*Inscrición pechada ata novo aviso.