Quen matou a bibliotecaria?

Imaxe
Virtual
Todos os públicos
Infantil
Xuvenil
Público adulto

Xogo de fuga virtual para coñecer mellor os servizos, espazo e equipo da biblioteca.

A noite anterior á celebración do Día da biblioteca ocorreu unha desgracia... apareceu un cadáver na Sala infantil. Temos 8 sospeitosos e unha chea de pistas por toda a biblioteca pero non somos quen de atopalas e organizalas. Por iso precisamos da túa axuda: terás que atopar as pistas, estudar aos sospeitosos e sospeitosas e ir descartando un a un aos inocentes ata que soamente quede unha persoa: a culpable do asasinato!!

Veña, colle papel e lápiz, entra e axúdanos.

Para entrar neste divertido Xogo de fuga virtual preme no seguinte enlace: https://bit.ly/BPS_escape_quenmatou