Visitas guiadas escolares

Imaxe
Presencial
Infantil
Xuvenil

Para coñecer todo o que vos ofrece a biblioteca

As visitas escolares teñen como obxectivo dar a coñecer as posibilidades formativas, informativas e de ocio, que a biblioteca ofrece ás nenas e nenos.

Realízanse todos os mércores do ano, agás festivos, a partir do 24 de setembro. As visitas están programadas para as 10.30h.

As visitas consisten nun percorrido guiado polas instalacións, principalmente pola sala infantil. A duración aproximada da visita é de 1 hora.

Requírese a inscrición previa cun mínimo de 24 horas de antelación no mostrador de información do andar baixo ou chamando ao teléfono 881 999 401. Cada centro escolar poderá reservar unicamente 4 visitas por curso.

Cada grupo estará formado por un máximo de 30 persoas.