A biblioteca na Feira do Libro de Santiago

Imaxe

Do 3 ao 11 de maio no Paseo da Alameda en horario de 11.30 a 14.00 e de 17.30 a 21.00h.

Todas as persoas que se acheguen ao Paseo da Alameda poderán coñecer a colección da biblioteca a través dunha pequena representación dos seus fondos, constituída por libros, revistas e audiovisuais. Os asistentes terán a oportunidade de consultar estes materiais e obter información sobre os servizos   que ofrece a biblioteca:  actividades culturais (contacontos, obradoiros, roteiros...), clubs de lectura, biblioteca accesible, consulta de Internet, préstamo de portátiles, de tabletas, de ereaders, etc.  Ademais, as persoas interesadas poderán facer o seu carné de biblioteca. Se o queren impreso, deberán achegarse á biblioteca para recollelo.

As máis pequenas e pequenos disporán dun espazo especialmente adicado a eles para que poidan achegarse á lectura e desfrutar cos libros nun ambiente agradable.

Podedes acceder ao programa de actividades da Feira do libro nesta ligazón.